BASES DA CONVOCATORIA

O Concello de Vilagarcía convoca a II Edición de premios a iniciativas emprendedoras no Concello de Vilagarcía.

I. OBXECTIVO DA CONVOCATORIA

A través da presente convocatoria o Concello de Vilagarcía pretende premiar as iniciativas emprendedoras de carácter local e favorecer a visibilidade dos emprendedores impulsando a creación de novas empresas que na súa formulación e desenvolvemento favorecen a promoción económica do Concello, a elaboración de novos produtos e procesos e á optimización dos de recursos locais. Por iso, anímase aos emprendedores a presentar un proxecto viable e con garantías de futuro, que se adapte ás esixencias do concurso, premiando as mellores iniciativas empresariais.

II. TIPOLOXÍA DE PROXECTOS

As principais características que deben conter os proxectos son: •  Proxectos innovadores: Proxectos que incorporen a innovación de ideas, procesos ou tecnoloxías, para desenvolver, aproveitar ou reciclar os recursos propios da nosa zona. •  Fomento da Economía azul: Modelo macroeconómico e de negocios orientado a responder as necesidades básicas de todos os recursos locais dispoñibles. Sempre xéranse múltiples beneficios incluso a creación de novos empregos, ampliar o capital social e aumentar os ingresos mentres que o medio ambiente, a base para a nosa vida, non se dana nin se contamina máis.

III. DOTACIÓN DOS PREMIOS

Concederanse tres premios aos mellores proxectos presentados, que incluirán:

  1. Recoñecemento público dos 3 proxectos premiados como mellores proxectos emprendedores.
  2. Mentorización e asesoramento dos 3 proxectos de forma individualizada durante 3 meses.
  3. Contribución dun capital sémola nas seguintes contías:
  • Primeiro premio: 5.950,00 €
  • Segundo premio: 3.570,00 €
  • Terceiro premio: 2.380,00 €

A mentorización individual levarase a cabo polo equipo de coordinación e organización seleccionados, para cada proxecto, dependendo das disciplinas nas que o proxecto teña unha necesidade. Durante os 3 meses do programa, o emprendedor poderá traballar na validación e posta en marcha do seu modelo de negocio.

IV. ACTORES DO PROXECTO

1. Persoas a quen vai dirixido: Emprendedores, startups, micropymes, autónomos de diversos campos, estudantes universitarios ou ciclos, con un proxecto de negocio viable en fase de desenvolvemento, con actitude innovadora e colaboradora.

2. Financiadores: O Concello de Vilagarcía de Arousa. O proxecto poderá estar cofinanciado por Empresas Privadas, Asociacións Empresariais, Fundacións.

3. Equipo de coordinación e organización: O proxecto estará coordinado polo equipo de SUMA IMPORTANCIA S.L.L. CIF. B-27827500 con domicilio en C/ Arriba, 7 – 36208 Vigo · Pontevedra . Esta coordinación e organización consistirá en:

  • Dar difusión e publicidade a estes premios as iniciativas emprendedoras
  • Informar e orientar as persoas que desexen participar, sobre as bases desta convocatoria, os requisitos e documentación a cumprimentar e presentar, e a forma e prazos para presentar a solicitude.
  • Organizar o evento onde terá lugar a presentación e selección dos proxectos premiados.
  • Seleccionar o equipo mentor e facer seguimento do desenvolvemento da mentorización.
  • Orientar e informar ós participantes premiados nos seguintes pasos a seguir no seu proxecto.
  • Proporcionar un lugar de traballo de oficina (mesa de traballo con conexión a internet) en Vilagarcía, os 3 proxectos premiados durante os 3 meses de mentorización.
  • Contratar o equipo de mentores, asumindo os custos da dita contratación

4. Equipo de mentores: A mentorización será desenvolvida por un equipo multidisciplinar de profesionais con ampla experiencia contrastada no mundo empresarial.

Mentorizar un proxecto consiste en transferir coñecementos e experiencia ao emprendedor; empoderar e motivar a este promotor do proxecto para que él/a efectúe as reflexións, decisións e accións necesarias; axudarlle a avaliar os riscos do seu negocio; ofrecerlle recomendacións para a mellora da imaxe, marketing, finanzas, relacións con terceiros, etc. Facilitarase unha sesión presencial individual de mentorización cada 15 dias, onde o mentor/a e o emprendedor/a poderán analizar a evolución do proxecto e obter recomendacións e pasos a seguir, en concreto nas seguintes áreas:

  • Revisar o plan de negocio, a proposta de valor de cada proxecto, produto e servizos.
  • Como potenciar o marketing, publicidade e ventas segundo o estado actual e os clientes potenciais de cada negocio.
  • Revisar a comunicación: marca, imaxe, logo, páxina web, redes sociais, etc
  • Potenciar as aptitudes persoais do emprendedor/a e a súa motivación en áreas coma: liderazgo, comunicación, planificación, etc.
  • Como iniciar e potenciar relacións comerciais e outros grupos de interese para o emprendedor (networking).
  • Revisar o plan financeiro, formas de conseguir financiación, modelo de xeración de ingresos, etc.
  • Analizar as actuais e tamén prever as futuras fortalezas e riscos potenciais do negocio.

O emprendedor/a á medida que vai levando a cabo as accións no seu proxecto ou negocio poderá realizar consultas telefónicas, online ou en persoa para aclaración de dúbidas que lle xurdan entre as sesións presenciais citadas no punto anterior. Estas consultas acordaranse segundo a dispoñibilidade do mentor/a e emprendedor/a.

V. REQUISITOS DOS PARTICIPANTES.

Poderán participar as empresas en fase de lanzamento, desenvolvemento do proxecto ou de recente creación que non superen os 24 meses de antigüidade no momento de publicación destas bases e que desenvolvan a súa actividade no Concello de Vilagarcía de Arousa. Para xustificar o desenvolvemento da súa actividade no Concello de Vilagarcía atenderase ao domicilio social e /ou centro de traballo efectivo. Entenderase como data de inicio da actividade a que conste na declaración censal de alta da actividade (declaración censal) Para determinar a actividade atenderase á que conste no imposto de actividades económicas.

VI. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Os candidatos deberán presentar:

  • Solicitude de candidatura segundo o anexo I A
  • Plan de empresa segundo modelo do Anexo II firmado por todos os promotores.
  • Certificado da AEAT que acredite a actividade e data de constitución da empresa se a empresa está en funcionamento; ou Compromiso de posta en marcha da iniciativa antes do 30 de setembro de 2019.
  • Aceptación das Bases dos premios ao Emprendemento Concello de Vilagarcía.
  • Solicitude de comunicación previa de inicio de actividade, solicitude de licenza de obra ou licenza de actividade en tramitación ou definitivamente concedida, se procede.

Como documentación xeral, segundo a natureza xurídica de cada candidatura deberán aportar os seguintes documentos

1. Sociedades:

  • Modelo 036/037 de inicio de actividade
  • Escrituras de constitución rexistradas e estatutos vixentes
  • CIF da entidade solicitante
  • IS do derradeiro exercicio, debidamente liquidado
  • Ultima declaración de IVE presentada na AEAT
  • Alta no réxime da Seguridade Social que corresponda (Xeral ou Especial)
  • TC1 de cotización á Seguridade Social do último ano aboado na data de solicitude de todos os centros da empresa solicitante
  • Declaración responsable de estar ao corrente de pagos de todo tipo de obrigas tributarias co Concello de Vilagarcía de Arousa e coa Administración estatal e Autonómica, así como da Seguridade Social

2. Persoas físicas/ autónomos:

  • Número de identificación fiscal da persoa solicitante. ( Os cidadáns estranxeiros deberán presentar a documentación vixente no momento de apertura da presente convocatoria. Como norma xeral os cidadáns da UE deberán dispoñer de NIE.
  • Os cidadáns extra- comunitarios, ademais de NIE deberán aportar permiso de traballo)
  • Modelo 136/137 de inicio de actividade, se procede
  • Alta no Réxime de Traballadores Autónomos se procede
  • Declaración responsable de estar ao corrente de pagos de todo tipo de obrigas tributarias co Concello de Vilagarcía de Arousa e coa Administración estatal e Autonómica, así como da Seguridade Social

Con independencia da documentación sinalada, poderase requirir en todo momento calquera documentación e/ou información complementaria que o Comité de Avaliación e Selección estime necesaria para acreditar o exacto cumprimento das presentes bases.

Os modelos correspondentes ás distintas solicitudes facilitaranse a través da Sede Electrónica e da páxina web do Concello de Vilagarcía (sede.vilagarcia.gal)

VII. CRITERIOS DE SELECCIÓN E VALORACIÓN

1. Viabilidade técnica. (máx. 10 puntos)

  • Estudo de mercado. (máx. 5 puntos)
  • Plan de marketing, comercial, operacións e loxística (max. 5 puntos)

2. Viabilidade económica e financieira. (máximo 10 puntos)

  • Plan de investimento (max. 2 puntos
  • Plan de financiación (max. 2 puntos)
  • Previsión de tesourería (max. 3 puntos)
  • Conta de resultados (max. 3 puntos)

3. Carácter innovador do proxecto (máximo 20 puntos)

  • Utilización de novas tecnoloxías en procesos e produtos (max. 5 puntos).
  • Innovación en produtos, procesos e/ou servizos (max. 5 puntos)
  • Xestión adecuada en relación ao medio ambiente (max. 5 puntos)
  • Utilización de recursos autóctonos (max. 5 puntos)

4. Capacidade técnica e empresarial dos emprendedores (máximo 20 puntos)

  • Experiencia empresarial (max. 8 puntos)
  • Experiencia laboral (max. 4 puntos)
  • Formación (max. 4 puntos)
  • Equipo emprendedor multidisciplinar fronte a emprendedor individual (max. 4 puntos).

5. Calidade comercial. (máximo 20 puntos)

  • Diferenciación co resto do sector (Vantaxes competitivas) (5 puntos)
  • Como a súa imaxe favorece as vendas (5 puntos)
  • Ventas de produtos autóctonos (5 puntos)
  • Certificacións de calidade ( 5 puntos)

A puntuación total obtida por cada proxecto despóis de avaliados os criterios anteriores (puntuación máxima de 80 puntos) será axustada a unha puntuación sobre 10. Con esta puntuación sobre 10 da documentación aportada, farase unha media ca valoración tamén sobre 10 da presentación oral do proxecto, máis adiante sinalada e obterase así a valoración final de cada proxecto de cara a outorgar os premios.

VIII. PRAZO DE PRESENTACIÓN E ENTREGA DE SOLICITUDES

Tendo en conta que a presente convocatoria está suxeita á lei 38/2003 de 17 de novembro xeral de subvencións e as presentes bases serán publicadas no BOPPO de Pontevedra, e no taboleiro de anuncios da sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa o prazo de presentación será dende o día seguinte á súa publicación ata o vindeiro 11 de outubro de 2018.

As candidaturas deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, na sede electrónica do Concello: sede.vilagarcia.gal

O xurado estudará as candidaturas presentadas e valorará e seleccionará aquelas que considere máis axeitadas para a consecución dos obxectivos fixados.

Seleccionaranse seis proxectos finalistas entre todos os presentados.

O fallo do xurado será público o 23 de outubro de 2018.

Estes seis proxectos finalistas serán convocados a presentar o seu proxecto de forma oral ante o xurado do premio o día 31 de outubro de 2018. Esta presentación ten unha puntuación máxima de 10 puntos.

Despois de esta audición, o xurado observará a puntuación total obtida polos candidatos, realizando unha media entre a puntuación sobre a documentación (max 10 puntos) e a obtida nesta presentación oral do proxecto (máximo 10 puntos) e decidirá o gañador de cada premio.

IX. O XURADO

O xurado, que seguindo os criterios mencionados, decidirá os proxectos premiados estará composto por:

  • O Concelleiro de Promoción Económica como Presidente do xurado.
  • Un representante técnico do Concello de Vilagarcía de Arousa como secretario/a
  • Un mentor, experto en proxectos emprendedores
  • Un empresario/a da comarca
  • Un membro da Corporación Municipal

O xurado constituirase validamente por estas 5 persoas ou os representantes que eles asignen en caso de non poder asistir. Non obstante o Concello de Vilagarcía poderá invitar a participar con voz pero sen voto aquelas entidades ou organismos cuxa participación poida considerar interesante pola súa especial relevancia ou implicación en cada unha das categorías establecidas.

Serán funcións do xurado ou comité de avaliación e selección as seguintes:

  • Análise das solicitudes presentadas.
  • Valoración e puntuación de cada proposta.
  • Elaboración dunha acta que recolla o fallo sobre os proxectos seleccionados.
  • Garantir a confidencialidade da información recibida e analizada.

O fallo do xurado será sometido posteriormente á aprobación pola XGL e unha vez ratificado o mesmo mediante o acordo da XGL, procederase ao aboamento das cantidades outorgadas a cada un dos gañadores, coas retencións fiscais que legalmente procedan.

A entrega das cantidades aos proxectos premiados farase sen prexuízo da facultade de comprobación do Concello respecto da posta en marcha da mesma antes do 30 de setembro de 2019.

Para o caso de que a actividade non se teña iniciado antes da devandita data límite, a XGL acordará a apertura do oportuno expediente para o reintegro da cantidade recibida en concepto de premio incrementada cos xuros que correspondan.

X. ACEPTACIÓN DAS BASES

A presentación dunha candidatura a este concurso implica o coñecemento e aceptación das presentes bases, así como a decisión do xurado cuxo acordo pon fin á vía administrativa.

O Concello de Vilagarcía resérvase o dereito a suspender, aprazar, modificar ou cancelar o presente concurso polos motivos que estime oportunos, comunicando neste caso aos participantes esta eventualidade.

O xurado resérvase o dereito a deixar deserto o concurso, no caso de incumprimento das bases polos participantes, por falta de participación ou falta de calidade ou interese dos proxectos presentados. Así mesmo, considerarase que a calidade dun proxecto non é valida para ser premiada se non alcanza a metade da puntuación máxima en cada categoría.

XI. CONFIDENCIALIDADE

Ó longo de todo o proceso garantirase a confidencialidade das candidaturas presentadas. Só se difundirán as características xerais das mesmas, e no seu momento, o nome dos proxectos gañadores, logo, actividade e principais logros e obxectivos, persoas integrantes e promotores.

XII. PROTECCIÓN E CESIÓN DE DATOS

Os datos persoais serán recollidos incorporados e tratados no ficheiro de protección de datos da entidade coordinadora SUMA IMPORTANCIA S.L.L.

contacto

Mail: premios.vilagarcia@gmail.com

Teléfono: 667 527 536  (Roberto)

Concello de Vilagarcía: